https://www.youtube.com/watch?v=RiNs6CT13Yk
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o alcalde do concello coruñés de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta mañá o convenio que crea o marco xurídico preciso para a remodelación da fachada marítima do municipio ribeirense, un acto que foi presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Dito convenio, autorizado o mes pasado polo Consello da Xunta, regula as obrigas de ambas administracións de cara á execución das obras que contan con partida orzamentaria para o actual exercicio. O obxectivo fundamental deste proxecto é reordenar o paseo das Carolinas e o parque García Bayón, dando preferencia ao peón fronte ao tráfico rodado e conferíndolle aos viais o carácter urbano que lle corresponde.