Deputación Da Coruña

FEIJÓO pretende impulsar a participación entre concellos e deputacións no plan de loita contra a desigualdade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, marcou hoxe como obxectivo que Xunta, concellos e deputacións poidan concretar o vindeiro mes de setembro a participación das distintas administracións no Plan de Loita contra a Desigualdade económica para poder desenvolver este proxecto coa máxima axilidade e coordinación.
Este foi un dos principais asuntos que abordou coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa que se reuniu hoxe, e á que trasladou toda a información deste proxecto, igual que fixo co resto de rexedores cos que se reuniu ata o de agora, co obxectivo de que as administracións locais tamén participen no seu desenvolvemento.
O responsable do Executivo galego incidiu tamén nalgúns asuntos de carácter económico, como a situación do sector lácteo. Feijóo reiterou a súa preocupación pola volatilidade dos prezos e renovou a dispoñibilidade da Xunta para seguir contribuíndo dentro das súas posibilidades a mellorar as condicións das explotacións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.