https://www.youtube.com/watch?v=Xa2I1815oGo
Ademais, enviouse a comité de folga de PAC, a convocatoria a unha reunión o vindeiro martes para abordar esta nova proposta. O Sergas reitera que xa aceptara a inmensa maioría das reivindicacións solicitadas. En concreto, a administración sanitaria lembra que ofertou nove das once medidas formuladas polas organizacións sindicais.
Así, entre as melloras xa incluídas en anteriores propostas ofertouse o abono de dúas dietas de manutención en domingos e festivos, que se ampliou a cando o servizo sexa de 24 horas, polo que se mellorou a petición inicial. Tamén se atendeu a petición de dispoñibilidade de uniformidade suficiente, con imaxe corporativa única e equipos de protección individual (EPI).
Outra das reivindicacións ofertadas polo Sergas é a maior participación do profesional na fixación de obxectivos do servizo, coa eliminación do indicador de derivación hospitalaria como obxectivo do servizo vinculado á produtividade; ou a aplicación da neutralidade das situacións de incapacidade temporal e permisos retribuídos, de forma que non teñan incidencia na liquidación da xornada complementaria.
En relación co incremento de persoal, aceptouse a garantía de reforzos de profesionais que sexan necesarios tendo en conta criterios obxectivos como a sobrecarga asistencial, distribucion etaria, dispersión, desprazamentos ou outras circunstancias que o xustifiquen. Tamén aceptouse a dotación de equipos completos de profesional medicina/enfermería e realización no último trimestre de 2019 dunha análise da dotación de novas prazas no marco global da atención primaria