A Deputación da Coruña destina este ano case sete millóns de euros ao financiamento dos Servizos Sociais dos concellos a través dunha liña de axudas da que se benefician todos os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o importante esforzo inversor que realiza a Deputación para axudar a manter “un servizo público esencial” como os servizos sociais e servizos de asistencia no fogar dos pequenos concellos coruñeses.