TINO FERNÁNDEZ lembrou os seus lazos con RIBEIRA no pregón das FESTAS DE VERÁN

Un dos actos máis sifnificativos das festas de Verán, o pregón de apertura, tivo lugar na noite de onte ante o público que se reuniu ante o balcón da Casa Consistorial.

O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, foi o encargado de ofrecer a intervención e, acto seguido, acender o tradicional chupizano. O máximo responsable do Depor lembrou as vinculacións que lle unen a Ribeira.

A festa proseguiu esta mañá coas dianas e alboradas e cun espectáculo que, esta vez si, puido ter lugar na praza do Concello. Foi un espectáculo de clown ofrecido por Rudi Dudi Rastafarudi: un paiaso belga capaz de mesturar humor, malabares, teatro e novo circo.
Houbo moitísimos nenos ademais doutros asistentes como numerosos membros da asociación Amicos.

https://www.youtube.com/watch?v=UqC-KKnMUeM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.