Estas son as palabras que a conselleira fixo públicas na súa visita a Boiro cando se lle preguntou polos incendios.
Segundo Rosa Quintana, son moitas as probas e os indicios que fan evidente a intencionalidade das queimas.
A conselleira incidiu ademais en que as queimas de restos agrícolas e forestais están prohibidas actualmente en Galicia debido ás condicións metereolóxicas existentes, polo que pedíu sentido común á cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade incendiaria.
https://www.youtube.com/watch?v=zjW2Y6pOG2s