Nas últimas horas da tarde de onte entraban en funcionamento os dous aparcamentos disuasorios de carácter gratuíto que o Concello de Ribeira vén de implantar na cidade, en dúas parcelas alugadas pola entidade local no barrio de Abesadas (lindando con Cubeliños) e na rúa Cristóbal Colón (xunto ao cemiterio).
Esta iniciativa, que está recomendada polo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), supoñen case 8.500 cadrados de superficie de aparcamento a disposición dos usuarios: 3.045 na parcela de Cristóbal Colón e 5.416 metros en Abesadas.
https://www.youtube.com/watch?v=UMlMUCUBmDw