A conselleira do Medio Rural e do mar asegura que toda a forza da lei recaerá naqueles involucrados na pesca ilegal.
Estas palabras fan referencia aos buques involucrados na operación Sparrow.Catro meses despois da redada que puxo o foco sobre a empresa ribeirense Vidal Armadores, o Ministerio de Agricultura lanzou unha segunda parte desa operación coa que conseguiu arrincar unha ovación mundial e rexistrou a sede de varias empresas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense.
Do mesmo xeito que na redada desenvolvida en marzo, búscanse probas coas que demostrar a que agora é só presunta vinculación entre as empresas inspeccionadas e os buques incluídos na lista negra da Comisión para a Conservación dos Recursos Mariños Vivos da Antártida (CCAMLR) por pescar pescada negra ou róubao de profundidade (Dissostichus eleginoides) de forma ilegal en augas do océano austral.
https://www.youtube.com/watch?v=_SSipRVRL9s