Galicia

O conselleiro do Medio Rural, anunciou que se lle entregou aos sindicatos a nova relación de postos de traballo para o dispositivo propio da Xunta de loita contra os incendios forestais


O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou no Parlamento que o pasado venres se lle entregou aos sindicatos a nova relación de postos de traballo para o dispositivo propio da Xunta de loita contra os incendios forestais, creando así un total de 548 novas prazas.
Así, o conselleiro insistiu en que é fundamental a consolidación dun dispositivo público, único e versátil, onde as condicións de todo o servizo sexan idénticas, xa que todo o dispositivo estará como persoal laboral da Xunta. Para iso, o titular de Medio Rural trasladou na Cámara que o seu departamento xa mantivo e está a manter reunións e negociacións con todas as partes implicadas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.