Bealo volveuse a envocar na procura de Manuela Lorenzo Romero, veciña do concello de Boiro desaparecida dende o sábado.
Ás 8.30 desta mañá retomouse o operativo de búsqueda formado pola Garda Civil cunha brigada de cans de rastreo e Protección Civil.
Os veciños da zona tamén están moi implicados neste Traballo.
O terreo inspeccionado no día de onte e as 54 leiras das que é propietaria a desaparecida foron rastreadas durante esta mañá.
O capitán da Garda Civil de Boiro explicou a estratexia de búsqueda que se está levando a cabo e tamén falou das posibilidades que provocaron a desaparición.
Catro días despois e sen atopar ningún indicio que poida facilitar as labores de búsqueda o capitán asegura que cada son menos as posibilidades de encontrala con vida.
A climatoloxía tampouco axuda nas tarefas de procura, de feito na mañá de onte o helicóptero da Garda Civil non puido sobrevoar a zona demasiado tempo por mor da densa néboa.