Sin categoría

Un espectáculo circense fai as delicias dos pequenos durante a primeira xornada das FESTAS DE VERÁN DE RIBEIRA

Ribeira xa está a vivir as súas Festas de Verán. O día arrancou hoxe con 21 bombas de palenque para dar paso a continuación a dianas e alboradas coas que darlle un ton festivo e musical ás rúas e prazas da cidade.

Ás 12 do mediodía tería lugar o primeiro evento destas festas: un espectáculo circense que por mor da chuvia se trasladou ao pavillón do colexio O Grupo en lugar de celebrarse na praza do Concello.
A actuación foi ofrecida por Pistacatro e, baixo o título de “Xuntos”, fixo as delicias dos pequenos que enchían o recinto. Tratabase dun espectáculo multidisciplinas que conxuga o teatro, danza e novo circo. Contou coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación.

A programación continuará esta noite co pregón dende o balcón do consistorio a cargo de Tino Fernández, presidente do Deportivo da Coruña (22h) e unha gran verbena no Malecón a amenizada pola orquestra Tango.

Salir de la versión móvil