11.000 nenos mellorarán a súa diata grazas á campaña “PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA”

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, participou esta mañá nos obradoiros da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” que se desenvolveron na Casa da Cultura de Boiro. Esta iniciativa pretende promover o consumo de conservas na dieta dos máis cativos.
A actividade, promovida pola Consellería de Medio Rural e do Mar en colaboración con ANFACO-CECOPESCA, lévase desenvolvendo dende o ano 2010 e neste período chegou a máis de 40.000 nenos de todo o territorio galego. As previsións indican que outros 11.000 rapaces participarán nos obradoiros ao longo dos meses de xullo e agosto deste ano.
Nos obradoiros, os nenos coñecen máis sobre os valores nutritivos das conservas, así coma as súas distintas formas de presentación.

https://www.youtube.com/watch?v=mDFeftjE8QU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.