Xunta de Galicia

A Xunta abre a partir de mañá e durante un mes o prazo para que os concellos presenten solicitudes á nova convocatoria de axudas para o mantemento e posta en marcha de Unidades de Atención Temperá

https://www.youtube.com/watch?v=qNOrv2LqzXg
O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe os requisitos para beneficiarse destas achegas económicas axudas para o mantemento e posta en marcha de Unidades de Atención Temperá, que contan co financiamento do programa operativo FSE-Galicia 2014-2020.
O crédito inicial desta convocatoria ascende a 1,6 millóns de euros, o que supón un incremento do 17,6% con respecto á do ano pasado. O obxectivo é tanto consolidar as unidades de atención temperá xa existentes como implantar outras novas. Estes servizos son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.