https://www.youtube.com/watch?v=vGvGnBMArIg
Ocasión desaproveitada do Atlético Riveira para estar máis preto do ascenso e o título de liga. Os de Santa Uxía saíron derrotados na súa visita a Taragoña por 2 a 0. Pola contra, o Cacheiras, segundo clasificado, recortoulle 3 puntos tras vencer ao Queiruga por 5 a 0. A falta de 3 xornadas para o remate da liga, o Ribeira deberá sumar dúas vitorias si quere asegurar o campionato, sempre e cando o Cacheiras gañe os 3 partidos restantes. Os ribeirenses medíranse este fin de semana na Fieiteira contra o Valiño, cuarto clasificado, mentres que o Cacheiras visitará ao Luaña, décimo cuarto.