Rianxo

O CONCELLO DE RIANXO e SOGAPS asinan o convenio que da continuidade á acollida de nenos saharauis

O concello de Rianxo vén de asinar un convenio coa Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui para poder continuar a traer rapaces dos campamentos de refuxiados de Tinfuf en Arxelia.
Este municipio implícase un ano máis neste acto de solidariedade onde familias da zona acollen durante os dous meses de verán a rapaces procedentes do deserto e lles prestan atención sanitaria e familiar.
Adolfo Muíños indicou o carácter reivindicativo que implica esta acollida e incidiu na importancia de apoiar a causa saharaui e o seu dereito á autodeterminación.

Maite Isla, a presidenta da asociación asegurou que se trata dun problema político onde a única solución tamén é política. Salientou a solidariedade das familias de Rianxo que veñen particicando deste programa dende hai case vinte anos.
Pola súa banda o concello de Rianxo colabora de forma económica dende o ano 2011.

Durante o acto para a sinatura do convenio tamén estivo presente a concelleira de benestar, Adriana Ordóñez.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.