O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, informou nunha rolda de prensa sobre os futuros obxectivos do Concello. Por unha banda pretende continuar reducindo a débeda pública e por outra quere seguir aumentando o patrimonio do concello coa adquisición dunha nave. Ademais, Ruíz, fixo fincapé en propoñer a compra dun baixo situado preto da futura comisaría de Ribeira, que será unha realidade nun futuro próximo.
Outro dos puntos que destacou, foi as negociacións que o Concello está a ter para facerse cunhas naves situadas en Touro, adicadas no pasado a industria conserveira. O alcalde ribeirense indicou que estas instalacións poderían ser un elemento dinamizador do propio paseo do lugar. Por último sinalou que tamén se proporá no vindeiro pleno unha inversión para o arranxo xa casa da xuventude debido as deficiencias que existen actualmente.