As autoescolas da comarca ameazan con comezar unha intensa loita para acadar que os examen prácticos se realicen no Barbanza.
Trátase dun trámite que evitaría aos alumnos ter que desprazarse a Santiago para recibir clase, cos custos e trastornos que iso implica. A FEB realizou diversas xestións, nunha demanda que conta co apoio de Arousa norte e, incluso, mantívose unha reunión coa directora provincial de Tráfico. O tempo pasou sen que se haxa ter resposta e, agora, o xerente dunha autoescola ribeirense, Miguel Bretal, quere retomalo para conseguir o obxectivo marcado.
Miguel mantivo tamén un encontro co alcalde ribeirense, Manuel Ruiz.
Segundo explicou Bretal, o mandatario mostrouse disposto a colaborar co sector para que semanalmente, unha ou dúas persoas acudan a Ribeira para examinar a quen desexan sacar o carné.
https://www.youtube.com/watch?v=DMSnd-w2vLg