O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañaron esta mañá ao delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na súa visita ao escuadrón de cabalería da Garda Civil encargado da prevención de incendios forestais na provincia de Pontevedra.
No encontro, Rueda destacou que o dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais que está operativo desde o pasado 1 de xullo, o PLADIGA, é o máis potente de toda España, xa que pode acadar ata os 7.000 efectivos nesta tempada de alto risco.
Nel participa persoal da Xunta, do Estado e dos concellos.
O obxectivo é que ninguén que prenda lume nos montes pense que vai quedar impune. Por iso no que levamos de ano os axentes da Autonómica levan detidas ou imputadas a 40 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais, a última delas o pasado xoves en Santiago, tras ocasionar un incendio na parroquia de Figueiras que arrasou preto de 70 hectáreas de monte.
https://www.youtube.com/watch?v=LpNJ2Vf_giY