O novo FESTIVO LOCAL DO 24 DE XULLO poderá facer desaparecer o martes de entroido

O día 24 de xullo, día grande da Festa dá Dorna será festivo local en Ribeira. Así se acordou no primeiro pleno ordinario do mandato. A iniciativa foi exposta polo BNG, que solicitou que a popular celebración se implante como xornada non laboral no termo. Os grupos da oposición PSOE, Cidadáns e IPR apoiaron a medida dos nacionalistas.
No salón de sesións había un nutrido grupo de persoas, ademais de concelleiras, que lucían a flor da Dorna e camisetas reivindicando a festividade do 24 de xullo.
O que queda agora no aire é o festivo local que vai vir abaixo.
Como en tódolos municipios Ribeira conta con dous festivos locáis, ata o de agora eran o día da Patrona, Santa Uxía e o martes de entroido. Coa inclusión do 24 de xullo como festivo local a desaparición do martes de entroido comeza a ser un tema de debate entre os veciños xa que todo apunta a que pasará a ser un día laborable en Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.