Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Nuñez Feijóo, pide aos galegos do exterior que sexan embaixadores do Xacobeo 2021

https://www.youtube.com/watch?v=HRagty2XaWw
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos do exterior que sexan embaixadores dun dos eventos máis importantes da década que vén, o Xacobeo 2021. “O reto convoca á Galicia de aquí, pero tamén á Galicia de todos os países que representades”, dixo, durante a reunión extraordinaria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.
Ao longo da xuntanza, Feijóo lembrou que os galegos do exterior exerceron sempre unha galeguidade activa, ensinando polo mundo a nosa cultura; prestixiaron o nome de Galicia, emprenderon e triunfaron e sempre demostraron a súa preocupación polo que ocorría na súa terra de orixe. “Por fortuna, lonxe ou preto, sempre soubemos vivir como unha comunidade, como construír o noso propio nós”, sinalou.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.