O BNG da Pobra vén de presentar unha moción no concello para o seu debate no vindeiro pleno que se celebrará este xoves ás 21.00 horas.
A concelleira Cristina Andrade fai especial fincapé na recuperacións dos areais pobrenses e das melloras de saneamento da ría.
Andrade manifestou que os sectores produtivos, nomeadamente aqueles relacionados co mundo do mar, son o motor da economía da zona, a pesar de que o sector marisqueiro leva un tempo atravesando dificultades. De feito, a Confraría da Pobra reduciu o seu número de membros á metade nos últimos anos, o marsico esacasea e as distintas administracións non toman medidas para resolver esta situación.
Por outra banda a concelleira considera evidente que unha necesidade imperiosa é o saneamento integral da ría.
A concelleira nacionalista expuxo, tamén, outra faceta na que o Concello pode exercer un importante papel como é o da posta en valor e promoción dos produtos do mar.
https://www.youtube.com/watch?v=Nn5tiBi4Gk0