https://www.youtube.com/watch?v=GFJDvYddN7Y
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para esta madrugada unha alerta laranxa costeira nas provincias da Coruña e Pontevedra
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, con ondas do oeste e noroeste entre 5-6 metros. Espérase que dea comezo esta madrugada.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.