Galicia

Galicia despide un mes de marzo cálido, con temperaturas medias 0,44 graos por riba dos valores habituais para a serie histórica

https://www.youtube.com/watch?v=-178UplEbUk
O mes de marzo que acaba de rematar caracterizouse en Galicia por ser un período cálido pero normal en canto ás chuvias rexistradas. Esta é a principal conclusión do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado co período histórico de referencia 1961-2019.
Así, marzo caracterizouse por presentar unhas temperaturas máis elevadas do habitual no conxunto da comunidade, cunha anomalía de 0,44 graos con respecto aos valores medios históricos. En todo caso, non hai que remontarse moi lonxe para atopar un precedente máis cálido xa que en marzo de 2017 os termómetros rexistraron un valor medio 0,62 graos por riba do normal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.