Xunta de Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria activará nos próximos días unha nova convocatoria do Galicia Emprende.

https://www.youtube.com/watch?v=9BiJLYtdElQ
Esta iniciativa, da que xa se convocou una liña específica dirixida ao rural, achegará en total axudas por valor de 9 millóns de euros a 200 proxectos de autónomos e emprendedores para mobilizar investimentos que superarán os 24 millóns de euros. A Xunta reforza os apoios, que o ano pasado rozaron os 7M€ en 159 iniciativas. Esta medida para impulsar o emprendemento, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ten como obxectivo estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante a creación e fortalecemento de novas pemes. Así, a través dos investimentos apoiados, a presente edición prevé a creación e mantemento de 700 postos de traballo, dos que polo menos 200 serán específicos no ámbito rural.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.