Ribeira

A Xunta Local de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro celebrará o vindeiro día 27 unha cea benéfica


Nova iniciativa da Xunta Local de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro. O vindeiro día 27 celebrarán unha cea benéfica coa intención de colaborar no financiamento dos proxectos de investigación na detección precoz e cura do cancro, o apoio ás persoas enfermas e ás súas familias, achegar á cidadanía información sobre formas de vida saudables e como afrontar o cancro logo de ser diagnosticado. Esta cea terá lugar no Restaurante Baiuca as nove e media da noite. O prezo é de 40 euros e haberá autobuses gratuítos dende a propia Estación de Autobuses de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.