GUÍAS para divulgar CINCO RUTAS de TRAIL do MUNICIPIO DE RIVEIRA

Co nome común de “Riveira en movimento” hoxe tivo lugar a presentación na Casa Concello de cinco novas guías coas que se pretenden promocionar outras tantas rutas de trail radicadas no noso municipio.

Esta acción xurde a iniciativa da entidade Revolutrion e conta co patrocinio do Concello e a colaboración de Arousa Natureza e Ocio, Runaway Jim, Centro Recreativo e Artes, Asociación de Veciños de Carreira e La Voz de Galicia.

As guías foron elaboradas por Loís Rodriguez “Pachita” (participante na presentación de hoxe xunto á concelleira de Xuventude e Deportes, Aroa Fernández) e José Manuel Martínez Lago “Pelé”. As rutas obxecto da divulgación son A Fieiteira, o río San Amedio, A Cidá, Teira-Espiñeirido e A Carballa.

Segundo manifestou Loís Rodríguez, esta iniciativa baséase na necesidade de dar a coñecer o municipio dun xeito diferente, a través do deporte e dos valores naturais etnográficos da nosa contorna.

Os itinerarios oscilan entre os 5 e os 15 kilómetros, existindo diferentes graos de dificultade que, en todo caso, serán aptos para calquera usuario non practicante de trail cun mínimo de condición física que sempre poderá realizalos camiñando e disfrutando do entorno.

Están trazados polos camiños e sendas máias antigos, sen realizar ningunha actuación de marcaxe ou limpeza para non alterar o medio en que se localizan.

Cada unha das guías conta con cumprida información sobre a ruta en cuestión, recollendo a distancia, desnivel acumulada, dificultade, características do terreo e unha descrición dos distintos fitos a destacar no itinerario.

A concelleira de Deportes Aroa Fernández informou de que as guías serán postas a disposición dos interesados nas diferentes oficinas de turismo.

https://www.youtube.com/watch?v=1UUX8BW5JEs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.