A partir do 29 de xullo e ata o próximo 6 de agosto desenvolverase en A Pobra a SEMANA DO MAR, unha feira que ofrecerá a todos a posibilidade de desfrutar da degustación de productos do mar, deportes náuticos, rutas mariñeíras, un mercado tradicional, e diversas actividades e talleres.
Trátase dunha iniciativa do concello que conta coa colaboración dos hosteleiros da vila. O evento foi presentado esta mañá na casa consistorial.
Ademáis páranse a disposición de todos os que queiran participar de forma activa da feira, distintas actividades: taller de nudos mariñeiros, demostración de radio control de veleiros e barcos, unha ruta mariñeira, exposición fotográfica.
A semana do mar vaise completar coa realización dun MERCADO MARIÑEIRO os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto polas rúas de A Pobra
Cabe destacar que este evento non vai ter custo para o concello.
Durante a semana do mar realizaránse tamén concursos de pesca e pintura. O evento está organizado pola empresa Iacobus Management en colaboración co concello de A Pobra do Caramiñal e o departamento de Turismo.
https://www.youtube.com/watch?v=0AvzePYVwE8