Xunta de Galicia

Galicia e Canarias coinciden na necesidade de que as comunidades cunha facenda saneada manteñan os incentivos por respectar as normas e teñan unha aplicación máis flexible da regra de gasto


O presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle, e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresaron o convencemento de que non se está a facilitar que as dúas comunidades poidan dispoñer do orzamento que lles corresponde na súa totalidade, nin para este exercicio nin sobre todo para o futuro.
Así, e no caso das contas de Galicia, Feijóo referiuse, en primeiro lugar, á última mensualidade do IVE correspondente a 2017; unha contía que ascende a 200 millóns de euros e que segue estando condicionada a que o Goberno central dea unha resposta efectiva.
En segundo lugar, dixo, falta a actualización das entregas a conta que, ao igual que no caso anterior, tampouco se materializou en ningunha solución. Ao que engadiu que nunca antes as comunidades se viran prexudicadas por este tema que, no caso de Galicia, se estima que ten un impacto de 330 millóns de euros en 2019.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.