Ribeira acolle por terceiro ano consecutivo o programa da USC Camiños de Coñecemento e Experiencia. Trátase dunha oferta dirixida aos maiores de 50 anos que se inscribe no Programa de IV Ciclo da Universidade de Santiago que conta coa colaboración de Xunta, Deputación e concellos implicados. Co obxectivo de difundir o coñecemento científico e artístico e a mellora da calidade de vida e benestar dos maiores a universidade pon en marcha estes programas.