O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a importancia da colaboración e do traballo conxunto da sociedade e as administracións para acadar a plena integración social e laboral das persoas con discapacidade.
Durante unha visita á Fundación Down Compostela, Feijóo agradeceu a oportunidade de poder estar na asociación e coñecer in situ o seu labor, incidindo na idea de que derrubar barreiras exixe dun compromiso conxunto da sociedade –incluído o mundo empresarial- e as administracións públicas, pasando polos interlocutores sociais e as entidades de movemento asociativo da discapacidade como esta fundación.
Nesta liña, o responsable autonómico lembrou a posta en marcha polo Goberno galego da Estratexia de inclusión Social Horizonte 2020; unha folla de ruta para facer realidade a inclusión “e que sempre está aberta para as achegas, as demandas e as necesidades de colectivos como os que representa esta fundación”, aseverou.
Feijóo referiuse a esta iniciativa como a proba de que a Xunta está a carón dos que máis o necesitan, para escoitalos e para tentar dar resposta as súas necesidades, e animou á Fundación Down Compostela a seguir traballando para mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down ou outra discapacidade individual, procurando a súa plena integración familiar, escolar, social e laboral.
https://www.youtube.com/watch?v=2eYOJRU6Wi4