https://www.youtube.com/watch?v=q_XH5jBoIPU
84 candidaturas concorren este ano aos Premios PEL da Deputación da Coruña. A Deputación acolleu hoxe a primeira reunión do xurado da III edición do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial. Ademáis de premiar ás empresas, o galardón conta este ano con novas categorías destinadas aos concellos e ás asociacións empresariais. Os gañadores do certame daranse a coñecer nos próximos meses, nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Promoción Económica, José Luis García, e representantes do tecido empresarial da provincia. Así mesmo, o evento promoverá a creación de redes de traballo entre todas as empresas candidatas.