Rianxo

Policía autonómica e axentes forestais esclarecen o incendio que afectou a os concellos de Dodro e Rianxo


Axentes do Grupo de Incendios da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer incendios nos concellos de Dodro, Ribadavia, A Lama e Cuntis.
O lume de Dodro, que deu comezou o pasado luns na parroquia de San Xoán de Laíño, extendéndose ata Rianxo e afectando a unha superficie aproximada de 1.162 hectáreas, das que 1.092 foron de arborado e 70 de raso. O incendio orixinouse nun tramo da instalación de distribución de enerxía eléctrica (alta tensión), no lugar de Bexo. Alí detectouse unha avaría nun poste do que saían chispas que caían o chan onde se sitúa o inicio de incendio. Do actuado remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Padrón (A Coruña).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.