Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a misión común de xornalistas e políticos de manter os vencellos comunitarios

https://www.youtube.com/watch?v=ngDbo9IKL_w
Durante a celebración da XXVI edición do premio xornalístico Puro Cora, Feijóo afirmou que o xornalismo democrático e a política democrática son forzas que fan que individuos que non se coñecen, teñan en común afectos, inquedanzas e obxectivos, e se convertan nunha forza extraordinaria. “Ese nós non existiría sen xornalismo e sen política. E tampouco o xornalismo e a política serían posibles sen a primeira persoa do plural”, sinalou, incidindo en que cando ese nós se cuartea, se fragmenta e se atomiza, a comunidade como tal desaparece “e iniciamos o retorno ao tribalismo”.
Nesta liña, sostivo que se se examinan os procesos destrutivos que teñen lugar ao noso redor, na súa orixe sempre hai políticos que queren fuxir da realidade e “tamén, ás veces, hai persoas que traballan na incomunicación”. “De aí que sexan tan necesarias esa sensatez e sentido común que o premio Puro Cora recoñece en Lucía Méndez”, dixo, referíndose á traxectoria da galardoada.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.