https://www.youtube.com/watch?v=8qeLgUTTWKw
A sétima velada Cidade de Ribeira, que se celebrou o pasado domingo contou cun total un total de oito combates. A Fieiteira, ca presenza dunha notable afluencia puido gozar de duelos de gran nivel. Destacou especialmente o realizado entre Clara Milleiros e Ana, a púxil do Rebouras Team de Vigo. A ribeirense conseguiu a vitoria por KO no terceiro asalto, no día do seu debut. Tamén se puideron contemplar outros combates realizados polos púxiles da escola de Boxeo El Canario. A pesar dos grandes e axustados duelos, os locais Maikon Lapa e Jonatan, acabaron perdendo. A vindeira velada de Boxeo realizada na comarca, terá lugar en Noia o 20 de abril.