Xa chegou o gran día da Dorna. As peñas déixanse ver dende a primeira hora da mañá polas rúas de Ribeira. No Malecón respírase un aire de rebumbio previo á gran celebración da Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Propulsión a Pan de Millo.
Unha regata carácterística desta cita ribeirense con buques construídos a man.
Esta proba vaise desenvolver, como de costume, na praia do Coroso, dándose a saída dende a orilla.
A pesar de que o primeiro é o gañador, nesta proba destaca a creatividade das embarcacións.
Cabe destacar que na tarde de onte tivo lugar a celebración de dúas das probas máis importantes.
O exame de Patróns foi unha proba indispensable pola que tiveron que pasar as novas peñas. Como de costume os aspirantes a dorneiros sobornaron ao tribunal para que valorase a proba con obxectividade.
Tamén o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor concentrou a centos de persoas que se achegaron ao peirao.
Unha marea humana volveu a inundar as rúas do concello para trasladar os avións dende o punto de concentración ata a pista de despegue.
https://www.youtube.com/watch?v=O8_PXz3sMHE