O partido Noieses Independentes Agrupados presentou este fin de semana á cabeza de lista da formación, Marisol Villar. No acto, indicou que a súa formación ten o obxectivo de continuar traballando para converter a Noia nun referente. Os alicerces da formación política son favorecer a creación de emprego, impulsar o turismo e proporcionar especial atención ao coidado da ría e dos seus bancos marisqueiros, acometendo as necesarias obras de saneamento. Por outra banda foi critica coas novas formacións que xorden e indicou que tanto ela como o seu compañeiro José Pérez, están a traballar nun posible proxecto que crearía máis de 100 postos de traballo directos.
O partido do NOIA presentou este fin de semana a súa cabeza de lista, Marisol Villar


