Xunta de Galicia

A Xunta saca a concurso o deseño de 18.000 bolsas de tea que repartirá entre a poboación para reducir o uso do plástico


A Xunta saca a concurso o deseño de 18.000 bolsas de tea que repartirá entre a poboación para reducir o uso do plástico. Un dos certames irá dirixido a alumnado universitario das ramas de Deseño, Publicidade e Belas Artes e a estudantes das escolas superiores de Deseño de Galicia. De entre todas as propostas que se reciban, explicou Vázquez Mejuto, un xurado especializado seleccionará ás finalistas, que serán sometidas a votación pública a través da páxina web da campaña www.menosbolsas.gal entre o 27 de maio e o 9 de xuño.
A proposta gañadora converterase na imaxe dun total de 15.000 bolsas de tea que serán distribuídas gratuitamente entre establecementos comerciais de toda Galicia e a maiores, os autores do deseño recibirán un premio en metálico de 500 euros e outro polo mesmo importe que deberán destinar a unha ONG da súa elección, co único requisito de que a entidade traballe a prol do medio ambiente.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.