Así o deron a coñecer esta mañá o alcalde, Xose Lois Piñeiro, e a concelleira de Medioambiente, Genoveva Hermo.
A proposta desta iniciativa xurdiu da Asociación Vox Anima que tamén diseñou o cartel informativo.
As actuacións que se levaron a cabo consistiron en carteis, colectores e información na páxina web e no Facebook do concello.
A zona comprende dende o final do paseo do Areal ata a Praia do Xobre. Hai dous carteis que indican o comezo e o final de dita zona.
Esta zona da praia do Areal é a quinta de Galicia e a segunda da provincia da Coruña, xunto co concello de Ares, declarada para acudir con cans.
https://www.youtube.com/watch?v=4t0ECjnOT24