Esta semana concluíron as obras para a recollida de pluvieais e o arranxo do camiño do lugar de Sucadiño, situado na parroquia de Olveira.
Esta actuación enmárcase nun conxunto de obras para a mellora de servizos de auga e rede de sumidoiros que puxo en funcionamento o concello de Ribeira. Unha das actuacións fundamentais tamén é a do paseo marítimo de Coroso.
O concello reformou as rúas Blanco Amor, Cruxeiras, Rúa das Escaleiras e a de Fondevila.
Manuel Ruíz informa que agora mesmo se está a actuar na rúa do Peñon de Palmeira e proximamente escomezarán as obras en Sabartán de Carreira.
https://www.youtube.com/watch?v=Mo0V___ODus