Icono del sitio CanalBarbanza.com

Noia conmemorou hoxe a primeira sentenza ditada en galego nos seus xulgados.

Cartel de YouTube
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía ao acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e co Concello, para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada nos xulgados da vila. A conmemoración celebrouse no edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, onde se descubriu unha placa que deixou constancia da publicación daquela primeira sentenza na lingua propia de Galicia.

Salir de la versión móvil