Xunta de Galicia

O titular da Xunta visitou hoxe a empresa Marine Instruments, dedicada ao deseño e fabricación de compoñentes e sistemas electrónicos para o sector pesqueiro

https://www.youtube.com/watch?v=D1RRf1FSjEU
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do tecido industrial galego pola innovación, formación e internacionalización como elementos clave para que Galicia siga crecendo.
Durante unha visita ás instalacións de Marine Instruments, dedicada ao deseño e fabricación de compoñentes e sistemas electrónicos para o sector pesqueiro, Feijóo referiuse a esta compañía como un dos mellores exemplos empresariais cos que constatar como a aplicación da I+D+i facilita a modernización de calquera sector económico como o marítimo-pesqueiro: o cuarto con maior peso na economía galega, que xera un volume de ingresos de case 9.000 millóns de euros e que dá emprego a máis de 36.000 persoas.
O responsable do Executivo autonómico lembrou que coa aplicación de novas ferramentas tecnolóxicas, este sector se moderniza e pode avanzar en ámbitos como a seguridade a bordo ou a pesca sustentable.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.