Motos de SUÍZA, PORTUGAL E FRANCIA chegarán esta tarde á concentración de BOIRO

A partir das 18.00 de hoxe comeza en Boiro o primeiro Salón da Moto, enmarcado na concentración que organiza o club Boiromotos. As principais concesionarias e marcas do mercado estarán presentes para mostrar as súas novidades, nunha cita na que se espera xuntar a preto de cinco mil vehículos.
O concelleiro de deportes, Nolo Romero, e o alcalde de Boiro, Juan José Dieste presentaron o evento.
Amantes do motor de todas partes de España, e de países como Suíza, Portugal ou Francia acudirán ao evento. Hoxe, ás 23.15 horas, Emilio Zamora fará unha exhibición que finalizará coa actuación da verbena The Karavan.

https://www.youtube.com/watch?v=0jyBAJymqmM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.