Galicia

Ábrense novas posibilidades sobre o reparto da xarda no Cantábrico Noroeste

https://www.youtube.com/watch?v=R9Ge-jJ4TPY
A Xunta convocou este encontro cos representantes do sector de Galicia despois de que onte o Goberno central anunciase creación dun grupo de traballo para estudar futuras opcións para o reparto da cabala durante unha reunión que a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación mantivo con representantes do sector e do Goberno asturiano. Unha xuntanza bilateral que tivo lugar trala dimisión de 17 dos 18 patróns maiores das confrarías de pescadores asturianas.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou que o obxectivo da reunión co sector galego convocada pola Xunta é “analizar os datos dispoñibles e as posibilidades dos diferentes criterios que poden favorecer á mellor xestión da pesqueira da xarda” de cara a próxima reunión que convoque o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.