O autor noiés AMADEO LÓPEZ, gañador da quinta edición do CONCURSO DE NOVELA CURTA CIDADE CENTENARIA DE RIBEIRA

O autor noiés Amadeo López Cobas é o gañador da quinta edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira pola súa obra “A Cacería”.

Así se fixo público no día de hoxe no acto celebrado no salón de plenos do Consistorio Municipal, no que así mesmo se fixo entrega por parte do alcalde do diploma conmemorativo e o cheque de 3.000 euros ao gañador.

Ademais do rexedor e do propio creador literario, o evento contou coa presenza do xurado, que estivo composto por Manuel Bragado, director de Xerais catedrática de Filoloxía Galega.

Amadeo López declarouse deliz e abraiado polo recoñecemento recibido e explicou que é unha honra recibir este premio, ademais de ter palabras de agradecemento para o xurado, para o Concello e para Edicións Xerais.

Nacido en Noia en 1966 e residente en Vigo despois dunha longa etapa en Zaragoza, López Cobas deuse a coñecer en 2001 con “Un amigo en el Galacho”, ao que lle seguiu xa no idioma galego “Contos de viaxe” (2002) e “As pantasmas sodes do que non hai” (2008).

https://www.youtube.com/watch?v=JqQbYKiP1HU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.