Xunta de Galicia

A  Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia de xénero cun servizo de garda psicolóxica especializada


Na rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que este novo convenio de colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia contará cunha achega de 350.000 euros, consolidando así un programa que se concibiu a finais de 2018, cun importe inicial de 30.000 euros.
Esta medida activarase cunha chamada ao teléfono de información ás mulleres: 900 400 273, que pode ser realizada -24 horas, 365 días ao ano- pola propia vítima ou polas forzas e corpos de seguridade do Estado. Desde este teléfono poñeranse en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dun psicólogo ou psicóloga no lugar sinalado polas forzas e corpos de seguridade do Estado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.