O presidenteda Xunta, Alberto Núñez Feijoo, fixo este mediodía durante a entrega das medallas de ouro de Galicia do 2015 un chamamento á unidade en tempos de división.
Instituida en 1984, esta vez recibiron a máxima distinción que pode conceder o Goberno autónomo o oftalmólogo e humanista Manuel Sánchez Salorio (A Coruña, 1930), o piragüista David Cal (Cangas, 1982), o escritor Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928) e, a título póstumo, o xornalista Enrique Beotas (Ávila, 1952), morto na citada catástrofe do Alvia. O Executivo escolleunos «polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica».
Nos seus respectivos discursos, os catro han ter palabras de agradecemento polo premio.
https://www.youtube.com/watch?v=pBfIF8xno3o