A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha a quinta edición do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’, que amplía as súas propostas de promoción do uso do galego na xente nova con respecto aos anos anteriores e que inclúe como novidade un repositorio dixital de materiais e actividades dinamizadoras dirixidas ao monitorado do tempo libre.
Así o deron a coñecer esta mañá a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no Campamento Xuvenil Espiñeira de Boiro, que acolleu a primeira das xincanas lingüísticas ‘Galicia, terra de artistas’, da man d’O Falcón Branco, empresa xestora do programa na súa edición 2015. Cecilia Vázquez, destacou que este programa ten como obxectivo principal fomentar entre a mocidade o uso do idioma galego como unha lingua útil, axeitada e normal para todos os momentos da vida.
O secretario xeral recordou que a promoción do uso da lingua propia de Galicia na mocidade é un dos eixos estratéxicos de traballo do seu departamento, en cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega desde a Xunta de Galicia.
O alcalde de Boiro Juan José dieste , presente no acto destacou a súa satisfacción coa realización do campamento.
https://www.youtube.com/watch?v=QSMBmdMOzrg