Boiro

Ruíz Rumbo tomou o mando da Xefafura de Vixilancia Aérea do EVA 10

https://www.youtube.com/watch?v=ioJBjrsNbt4
A base aérea do EVA 10 foi testemuña esta mañá da toma de posesión do Mando da Xefatura do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10. Este posto o ocupará o comandante do exército do aire, Roberto Ruíz Rumbo, que estivo destinado previamente na ALA 11 como Coordinador Táctico do avión de patrulla marítimo. O acto estivo presidido polo Xeneral Xefe do Sistema de Mando e Control, Juan Franisco Sanz Díaz. Tamén acudiron ata o lugar, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, o de Porto do Son, Luis Oujo, e o de Noia, Santiago Freire. O senador José Luis Torres Colomer e o ex alcalde da Pobra do Caramiñal tamén asistiron a esta toma de posesión, onde non faltaron tampouco distintos empresarios do Barbanza ou o candidato do Partido Popular a alcaldía da Pobra, Manuel Durán.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.