Esta mañá celebrouse na sala de xuntas do concello da Pobra do Caramiñal a presentación do “IV Entroido Quente” que terá lugar os días 24-25 e 26 de xullo. No acto participaron o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de turismo Charo Varela, e dous hosteleiros, Mito Piñeiro e José angel González.
Cada ano súmanse máis hostaleiros a esta iniciativa, en concreto colaboran 33 nesta cuarta edición. Segundo explicou o rexedor é fundamental colaborar e apoiar a este sector que é unha parte importante da economía local.
A cada persoa disfrazada vaiselle facer entrega con cada consumición dun boleto para un sorteo que se celebrará o domingo 26. Hai 1500€ repartidos en sete premios.
O concello vai colaborar coa contratación dunha charanga que amenizará a “festa”.
https://www.youtube.com/watch?v=VH6ILgYRxps