Boiro

A Xunta pon en valor o obradoiro de Emprego Hostalería Boiro II que permitiu incrementar as oportunidades laborais de 16 mozos


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe no acto de clausura do obradoiro de emprego de Hostalería de Boiro II, unha iniciativa que apoiou a Xunta en colaboración co Concello e grazas á que 16 menores de 30 anos recibiron formación de calidade e puideron acceder a un emprego. En concreto, os alumnos e alumnas recibiron cualificación nas especialidades de operación básica de cociña e de operacións básicas de restaurante e bar, ao tempo que accederon a un posto laboral .

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.